Todol-os días
J. Guridi Bidaola
Mostrando os fillos o bo camiño,
A man na esteva, lañar o chan,
Tódolos dias coidando o niño
gañar o pan.
A alma en lume, bicado e cheo
por unha homilde, sagra emoción,
tódolos días erguer o ceo
unha oración.
O por vir vive na saudade,
semente de oxe, fror de mañan;
Tódolos dias unha inquedade,
un novo afan.
Dereito e limpo nos pensamentos
no amor a terra no corazón,
Tódolos dias ceibar os ventos
unha canción.
Tódolos días gañar o pan,
Tódolos dias unha oración,
Tódolos diás un novo afan,
Tódolos dias unha canción.