Ceiño da miña Aldea
M. Blancafort
Ceiño da miña aldea
non te enloites de pesar,
guinda as mortaxas do inverno
e viste as galas do vran.
E certo que vou pra lonxe,
pero a tua craridá
guardadiña nos meus ollos
conmigo vai!
Non chores, nena, non chores,
que non tes por qué chorar:
O va cariño e unha pomba
que sempre volve ó pombal.
E certo que vou pra lonxe,
pero do peito no altar
lua imaxen adourada
conmigo vai!