Sin niño
E. Calcagno
Por montes e campías,
camiños e espranadas,
Vén unha pomba soia,
soia de rama en rama.
Síguena as probes crías,
sedentas e cansadas,
sin que alimento atope
pra darlles a bicada.
Trai manchadas as prumas,
que eran un tempo brancas,
trai muchas e rastreiras
i abatidas as alas.
¡Ai!, probe pomba, un tempo
tan querida e tan branca.
¿Onde vai o teu brilo?...
¿O teu amor, onde anda?