María Pita

J. Bautista

I

María das batallas, levareiche unha frol por cada bala;

i-unha cunca de leite arrebuxada en neve pra che curar a sede.

¡Sede mortal, varona, a d'esta patria:

queima no peito con ardente brasa!

II

María das batallas,

dareiche un reyseñor por cada bala,

i-unha estreliña dorna,

núa, espida, graciosa:

Varona dos meus ollos,

unha estrelaque tí ganache, poderosa e leda.

III

Muller da soberana libertade,

os artilleiros danche alferezía

e faite o mar patrona da ciudade.

Din as miñas campanas, escoitade,

(din, don, din, don)

de monte a monte e mais de ría a ría:

(din, don, din, don)

"Obronce meu, teu bronce foi, María."