O Touro na proba d'Obispo Adaulfo
J. Bautista
¿Quén lle dixo o touro verdenas ribeiras verdes de Iriao
que non sabía a morteo que a serpe non sabía?
- Onde vades, feligreses, que non levades folía?
- Imos ver si a cruz é demo, si é muller a varonía,
si o que era peito foi lombosi se trabucóu a vida.
¿Quén lle dixo ô touro verde segredos de sodomía?
¿Ou como viron seus ollos unha verdade escondida?
De corno a corno levava o touro verde de Iria,
unha aureola dourada como un sol morto na ría.
¡Aquel touriño non era touro como os d'esta vida!